Inicio Saúdo do alcalde

PostHeaderIcon Saudo do Alcalde



O Concello de Manzaneda constitúe un bo exemplo de arraigado a natureza, a paisaxe e as tradicións máis fortes baseadas na recuperación e valorización do noso patrimonio etnográfico e cultural. É posible impulsar desde un concello rural unha transformación baseada no aproveitamento e posta en valor dos nosos propios recursos e capacidades.

Coa remodelación e posta en marcha da nova páxina web do Concello o Grupo de Goberno quere dar unha resposta e un impulso no uso das novas tecnoloxías coa creación deste espazo virtual que permite unha mellora na información e unha maior participación.

Queremos dotar á páxina de máis e mellores contidos , facela máis dinámica e participativa. Para isto é necesario contar coas vosas ideas, achegándonos todo tipo de suxerencias para facer dela un punto de encontro para todos os veciños e visitantes.

Agardo que esta páxina web permita a tódolos usuarios da rede coñecernos un pouco mellor.


Sede benvidos a este recuncho da Galiza.


David Rodríguez Estévez

Alcalde de Manzaneda