Inicio Novas Bases do concurso de Doces

PostHeaderIcon Bases do concurso de Doces

BASES DO CONCURSO DE DOCES.


1. OBXECTO DO CONCURSO.

O obxectivo deste concurso é seleccionar ós tres mellores doces elaborados íntegramente na casa.


2. PARTICIPANTES.

Pode aspirar a este concurso calquera persoa que así o desexe.


3. INSCRICIÓNS.

As persoas interesadas en participar, deberán inscribirse ben  na Casa do Concello de Manzaneda ou ben na Asociación de Mulleres Algueirada, antes do día 12 de xullo.


4. REQUISITOS.

Os doces presentados deberán ser elaborados integramente na casa, todo será feito pola súa man. Non se aceptarán doces precociñados ou mercados.

Deberán elaborarse como mínimo racións para catro persoas.

Valorarase o coidado na presentación, a orixinalidade, a complexidade de elaboración, pero sobretodo, puntuará o sabor.

Presentaranse listos para a súa degustación e, en perfectas condicións de consumo.


5. PRESENTACIÓN A CONCURSO.

A presentación dos doces terá lugar o día 13 de xullo ás 12 horas, no Mercado que se instalará no patio do Colexio de Manzaneda.

Os participantes deberán entregar os seus doces antes das 11:30, para que se lles entregue un número de identificación.


6. XURADO.

O xurado estará composto por tres persoas elexidas polos organizadores das xornadas.

Cada membro do xurado puntuará por separado cada un dos doces.

A puntuación será dun total de 10 puntos: daranse ata 4 puntos polo sabor, 3 pola presentación, 2 pola complexidade na elaboración e 1 pola orixinalidade.

Do resultado destas puntuacións, sairán os doces gañadores.

En caso de empate, será a/o presidenta/e do xurado quen decida.


7. PREMIOS.

Os premios que se outorgarán, consistirán nun lote de produtos da zona máis unha sesión no Spa Oca Nova Manzaneda para o primeiro clasificado, un lote de produtos da zona para o segundo posto e uns libros de cociña para o elexido na terceira posición.


8. ACEPTACIÓN DAS BASES.

O feito de participar no concurso de doces, implica a aceptación na súa totalidade do contido das bases.

 

Actualizado ( Lunes, 07 de Julio de 2014 17:51 )