Inicio Novas Loito Oficial Traxedia Santiago

PostHeaderIcon Loito Oficial Traxedia Santiago


Dende o concello de Manzaneda, sumámonos a dor que estamos a sufrir hoxe na Galiza polo terrible accidente ferroviario sufrido o pasado día 24 de xullo en Santiago de Compostela. Queremos trasladar o noso pésame ós familiares das persoas falecidas, e expresar a nosa solidariedade cos familiares dos feridos.


Tamén queremos sumarnos a decisión adoptada polo Consello Extraordinario da Xunta de decretar sete días de loito oficial desde onte día 25 en toda a Comunidade, así como o ondeo a media asta e crespón negro de todas as bandeiras nos consistorios.

Así mesmo, convocamos para o día de hoxe cinco minutos de silencio para ás 12 do mediodía fronte a casa do concello, en recordo dos falecidos e como mostra de dor e solidariedade.

Tamén apuntar que todos os actos de carácter festivo que este concello estaba a organizar para os vindeiros días quedan anulados polo propio loito decretado no Consello Extraordinario citado anteriormente, e invitamos a asociacións e comisións de festas a facer o propio cas actividades que teñan programadas. 

‪#‎GalizaDeLoito‬

Actualizado ( Viernes, 26 de Julio de 2013 23:09 )