Inicio Novas Nota Andaina

PostHeaderIcon Nota Andaina

Hoxe, día 20 de maio de 2010, ábrese oficialmente o prazo para inscribirse na I Andaina de Manzaneda-val glaciar de Prada que se celebrará o vindeiro día 27 de xuño.

O prazo para facer a inscrición remata o día 20 de xuño, ás 15 horas.

Lembrar aos/as interesados/as que o límite de prazas é de 250 participantes e que poden facer a inscrición directamente nas oficinas do Concello ou chamando por teléfono ao número: 988 333043 en horario de 8 a 15 horas de luns a venres. Tamén se poden facer as inscricións na tenda de deportes Red 1 (r/ Ntra. Sra. da Sainza, 18-baixo de Ourense). Deberáse indicar o nome e os apelidos e a idade.

En tódolos casos será imprescindible facer chegar por fax ao número: 988 333048, ou por correo electrónico: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla copia de ter feito o ingreso de 5 € en concepto de inscrición e pondo nome e apelidos. Os números de conta para facer o ingreso son: Caixanova 2080 0314 31 0040001869 e Caixa Galicia 2091 0438 66 3110000094.

O non acreditar o correspondente ingreso bancario da cuota de inscrición polos medios indicados e antes do día 20 de xuño, dará lugar á invalidación da inscrición feita.

Máis información, nesta mesma páxina web ou directamente no concello, 988 333043.