Inicio Concello

PostHeaderIcon Saúdo do Alcalde

 

Saúdo do alcalde

O Concello de Manzaneda constitúe un bo exemplo de arraigo á natureza, á paisaxe e ás tradicións máis fortes,  baseadas na recuperación e valorización do noso patrimonio etnográfico e cultural. É posible impulsar dende un concello rural unha transformación baseada no aproveitamento e posta en valor dos nosos propios recursos e capacidades.

Coa remodelación e posta en marcha da nova páxina web do concello, o Grupo de goberno quere dar resposta e impulso no uso das novas tecnoloxías coa creación deste espazo virtual, que permite unha mellora na información e unha maior participación.

Queremos dotar á páxina de máis e mellores contidos e facela máis dinámica e participativa. Para iso é preciso contar coas vosas ideas, achegándonos todo tipo de suxestións para facer dela un punto de encontro para toda a veciñanza e visitantes.

Agardo que esta páxina web permita a todos os usuarios da rede coñecernos un pouco mellor.

 

Sede benvidos a este recuncho da Galiza.

 

David Rodríguez Estévez

Alcalde de Manzaneda